A rede temática "Alimentación Sostible en Comunidades Urbanas" (Sustainable Food in Urban Communities) é un proxecto que implica dez cidades europeas que desexan crecer, entregar e gozar de comida máis sostible e que están a buscar solucións conxuntas e eficaces.
No pasado mes de xullo, o colectivo Niquelarte xunto con diversos axentes locais da cidade, organizaron unha edición do evento BIComun, na praza maior de Ourense. Posteriormente, a Sala Alterarte do Campus de Ourense, acolleu a exposición Coñeces BIComun? a iniciativa da Facultade de Historia de Ourense.
No BIComun, o mercado do Rianxo de Ourense foi diagnosticado como elemento patrimonial pola comunidade. Os participantes consideraron a través das etiquetas de cores, que o Rianxo está mal conservado e que gostarían de que o rehabilitasen. Pero as hortas tradicionais da área periurbana de Ourense estanse perdendo tamén polo abandono dos seus propietarios e pola falta de “utilidade” dunha funcionalidade como a produción de alimentos.
Este feito ocasiona múltiples problemas coma a perda da paisaxe humanizada, o abandono dos camiños que conectan as diferentes parcelas, a maior incidencia dos lumes nuns terreos non cultivados, a necesidade de traer alimentos de lugares máis afastados incrementando o seu custe enerxético e a insostibilidade dun espazo que pudendo ser produtivo atopase sen ningún tipo de aproveitamento.
O pasado 5 de febreiro de 2014, se reuniron en Bruxelas, os participantes de máis de 40
cidades participantes a través da Exposición Sostible Food City
presentando iniciativas dentro da URBACT Thematic Network Sustainable Food in Urban Communities. En seis obradoiros abordaron diversos temas e reflectiron nas próximas prácticas para o
desenvolvemento da gobernanza sostible de alimentos nas cidades.
Neste evento participou Maria Luisa Rúa, da Área de Nutirición e Bromatoloxía, do Departamento de Química Analítica e Alimentaria da Universidade de Vigo, quen fixo unha presentación rápida sobre O Rianxo, na que tamén falou do BIComún, e da Facultade de Historia e o Programa Coñeces...? de rutas interpretativas polo patrimonio próximo ao Campus de Ourense. Aquí tedes o vídeo.
Dende entón, traballamos conxuntamente con outros axentes da cidade, para a realización da próxima edición do Programa Coñeces...?.que será o venres día 4 de Abril, adicada ao Rianxo e Ourense. Contamos coa colaboración da Vicerreitoría do Campus de Ourense, e desta volta, tamén do propio Concello de Ourense, que desevolve o proxecto Come Ourense. Esta actividade será presentada nunha rolda de prensa ás 11 na aula 0.10 da Facultade de Historia o martes día 1 de abril.
A actividade consiste nun pequeno paseo urbano e interpretativo a realizar o venres 4 de abril de 2014 dende as 10:30 ata as 14:30 horas.
Inclúe visita guiada ás hortas do concello e ao conxunto do Mercado e Burgas. Confluirán alumn@s que están a formarse en distintas disciplinas, xa que además dos de Historia, participarán os alumnos da Facultade de Ciencias, que están a desenvolver unha investigación con Maria Luisa Rúa para a asignatura de Química dos Alimentos, e tamén alumn@s de fotografía da Escola Antón Faílde.
E non decimos mási, pero haberá un evento sorpresa...
Para rematar a actividade, a organización convidará aos participantes a unha degustación de produtos adquiridos no propio Rianxo.
O punto de saída é o Edificio de Ferro/Facultade de Historia na porta que sae á rúa Dr. Temes fronte Cafetería JJ. A saída será ás 10:30 h. e rematará na Alameda ás 14:30 h.
Recoméndase vir con roupa e calzado axeitado para camiñar e adaptado á climatoloxía do día.
Inscrición na caseta do LERD fronte do Reloxo do Campus. Prazo ata o xoves 3 de abril.
Prazas limitadas: 30 persoas / por rigorosa orde de inscrición.
Descubre o patrimonio de Ourense coa combinación perfecta:
saúde, cultura e divertimento!!!