Coñeces...?


Coñeces ...? Rutas interpretativas polo patrimonio próximo ó Campus de Ourense

O Programa Coñeces. Rutas polo patrimonio próximo ó Campus de Ourense, pretende achegar á comunidade universitaria en particular, e a calquera persoa interesada en xeral, o rico patrimonio cultural e natural da cidade de Ourense. Un proceder que permitirá mellorar o recoñecemento social destes lugares e activar as engranaxes para o seu estudio e conservación. Xerando a un tempo un espazo de coñecemento híbrido sociedade-academia.

Os obxectivos prioritarios cos que xurden estas rutas foron sintetizados en catro puntos:  
  • Mellorar a integración cognitiva dos universitarios no espazo que os rodea. Un obxectivo de especial interese para alumnado procedente doutras vilas ou cidades.

  • Propiciar espazos de educación non formal para o posible alumnado interesado na coordinación e execución destas actividades.


  • SAÚDE – Promover condutas e estilos de vida saudables, de modo que á sensibilización patrimonial se lle sume tamén un compromiso coa mellora da calidade de vida dos participantes. Obxectivo que casa coas liñas estratéxicas defendidas no Campus ConVida.



PATRIMONIO DA AUGA - Mediante a realización destas actividades estamos promovendo o coñecemento dos recursos hídricos das cuncas próximas ó Campus, mellorando a formación universitaria de cara a un mellor aproveitamento destes recursos e facilitando a conexión cos sectores económicos encargados da súa xestión. Obxectivos todos eles presentes tamén nas liñas estratéxicas do Campus da Auga.


Inicialmente, e sempre que as posibilidades orzamentarias o permitan, prográmanse dúas rutas por ano académico (unha por cuadrimestre). A primeira destas rutas celebrouse o xoves 24 de xaneiro de 2013. Nesta primeira ocasión o programa achegou a case medio cento de participantes polas beiras do Río Loña ata o Conxunto Arqueolóxico e Natural de Santomé. Un espazo cun valor patrimonial excepcional sito a menos de 3 km do Campus e descoñecido pola grande maioría da comunidade universitaria e da cidadanía ourensá.

 
Primeira ruta interpretativa, a Santomé. 24-01-2013

A segunda convocatoria tivo lugar o xoves 23 de maio de 2013. O obxectivo perseguido nesta ocasión era achegar os restos materiais máis antigos da cidade das Burgas ao tempo que se procuraba concienciar da importancia dos recursos patrimoniais como garantes do desenvolvemento de Ourense como destino turístico de primeira orde. A actividade consistiu nun pequeno paseo urbano e interpretativo de 10 km que incluía unha visita guiada ao complexo termal das Burgas da man dunha especialista na cultura da auga no mundo romano e un exercicio do Birdwatching no río Miño da man dun ambientólogo. Ademais de diferentes paradas interpretativas no Castro de Oira e na Ponte Romana. 

En setembro de 2014, no primeiro cuadrimestre deste ano académico, o programa Coñeces apostaría pola organización dunha exposición na Sala Alterarte do Campus de Ourense baixo o tema Coñeces BIComún? Unha mostra na que se exploraban novos modelos de xestión patrimonial a través da viaxe por diferentes fichas de bens culturais e naturais da cidade de Ourense.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario