7 jun 2014

Graduación promoción 2010-2014


Xavier Vieira Cid, Belén Carrera Laso, Sara Mier Quintas, Rebeca Gil Jorgen, Estefanía Rodríguez (Fani), Angeles Coello Fernández, Tania Pérez Pérez, Erika Estévez Gayoso, Raquel Losada García, Daniel Luis, Aloia Rodríguez Quintas, Iria Souto Castro, Marián Ferro Garrido e Hadrián Fernández Alvarado
(Foto da promoción do Grao en Xeografía e Historia 2010-2014)


Hadrián Alvarado (en representación dos alumna@s, Beatriz Vaquero (madriña da promoción), Virxilio Rodríguez (Vicerreitor do Campus de Ourense), Beatriz Comendador (Decana da Facultade de Historia) e Francisco Javier PérezRodríguez (padriño da promoción)

Cando Mario coñeceu a Clío: Isto é outra Historia!!


21, 23-24 Abril 2014, Xornadas Cando Mario coñeceu a Clio: Isto é outra Historia!!
Facultade de Historia de Ourense, Universidade de Vigo
Organizadas pola Delegación de Alumn@s, ALEHOU, GEAAT e Facultade de Historia, coa colaboración de Xogoon e Sindicato del Comic.

A información sobre a Historia non é patrimonio exclusivo de libros especializados, de documentais ou de outros tipos de informes académicos. O cine, os videoxogos, os cómics, as sagas literarias, xogos de mesa, xogos de rol e outros variados e diversos tipos de soportes, aparecen no panorama social como linguaxes diferentes, onde o pasado está presente, e que poderían ser enriquecidos pola labor dos historiadores.
Creemos que a día de hoxe non é posible pensar en tratar a Historia, sen ter e conta este amplo abanico de formatos que teñen un impacto na sociedade tanto ou máis importante cos libros especializados ou calquera outra clase de soporte académico e que debemos de estudar e analizar as potencialidades que ofrecen como ferramentas de difusión e incluso educativas. Con este fin de aproximarnos e coñecer estes formatos organizamos estas xornadas.



+ info: dafho@uvigo.es, http://historiaourense.blogspot.com.es/p/mario-clio.html