Unha das experiencias que máis enriquecen a vida académica e persoal dos universitarios é a realización de estadías noutras universidades, pois permítenlle coñecer outras formas de vivir, de estudar e de investigar e porque lles obriga a ser máis flexibles e autosuficientes, entre outras moitas cuestións. Para visibilizar e para reivindicar todos estes beneficios dos programas e bolsas de intercambio, a Facultade de Historia e a vicerreitoría do campus de Ourense organizaron un Concurso Foto-Relato Mobilidade destinado a que estudantes e egresados do centro amosen a través de imaxes comentadas o que para eles foi a experiencia de estudar fóra.
Estaban chamado a participar nesta iniciativa alumnado da Facultade de Historia e licenciados desta titulación a partir de/ou despois do curso académico 2009/2010.
Esta actividade, que se inclúe no eido das
actividades culturais, tivo como obxectivos básicos:
- Fomentar a
creación literaria e gráfica no alumnado e potenciar a adquisición das
competencias escritas a través do desenvolvemento de estilos como a
crónica ou a literatura de viaxes.
- Incentivar a
capacidade de coñecemento racional e crítico dun país, rexión ou
localidade, contexto social e/ou persoal.
- Amosar o
coñecemento do territorio (ambiente, sociedade, cultura) dende una
perspectiva diacrónica e sincrónica.
- Amosar mediante
as experiencias do alumnado, a importancia das accións de mobilidade xeográfica
na súa formación e na educación superior, a través da interacción con
outras realidades sociais e culturais, especialmente no ámbito das
Humanidades.
- Promover
condutas e estilos de vida saudables.
- Promover a
integración entre a comunidade universitaria do EESS.
- Apoiar o
desenvolvemento de contidos, servizos, pedagoxías e prácticas de educación
permanente innovadoras e baseadas nas TIC.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi23llxv4kTACsEQ7RJSELMY5CkNWe0579qpKY9MDHL3Jn4A1pg-cDic6onNoyJ-zGFGxYqCxyL5njS654a_abf91X4swrP-H6aW74dRMXtSYVdWM7FQm16v3IxY3MFK_L4m3-EfFVsaYRf/s640/Diapositiva42.JPG) |
Da obra gañadora: Como se non houbese un mañá.... Eloy Martínez. Erasmus en Roma. |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiUfzHA28x9HefTrk2Lm6wdVQILGxMZ1wWbyzwAd_a2Vdy0db6uwNW6PFlxchD435CQ1MmF8vvAAY87LhPBa9A0VPBz8gvh4W8pq7y0l2tG25Mh7mwu_Teg5wOHI-UZhPdzsoNjYOj1H_e5/s640/Diapositiva48.JPG) |
Da obra gañadora: Como se non houbese un mañá.... Eloy Martínez. Erasmus en Roma. |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjm0bIG4lZ08BInVa748sACA0KqtTQ-qpqAnQ6ic4rQwwT3PqbpG621_9SdB9cvy7kURatvsnP1IU2FjbqGbqmEwirULBQ1a53BkRwfp0V9Rvat-MRrZfOJOMMkREsnsMSLkOWTztVpqiS3/s640/Diapositiva17.JPG)
Da obra:
Palabras que vuelan con el viento de las mirada. Andrés Sobrino. Bolsas Propias en Arxentina.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj3F81lhgxUFsB_VQRBkCMd135H0CtR71uakoFrSkZpoIwqNNs9T2Gg-qQFKnj1IadvqTU9jiS0iIqq7niBPPsWThRai03DcJkQ8y3GHNxVCsb0PPGUTO1WAvVawUBVQjYRc5K_f2za6XQm/s640/Diapositiva24.JPG) |
Da obra: Unha experiencia singular. David Conde. Erasmus en Lisboa. |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgmTWBJYP3eBREdXtQdI1U68rSfN84k7PGywzwuAlnjIq4Ig6DwbGS_6mI2WNQSUevCgGuSXkhNV84lqkay2BgwBb1_oy7yH8ihVyNk6ODuV0rBIK7R2H0OShPKVVbL_3hcxLnILBWDlggJ/s640/Diapositiva13.JPG) |
Da obra: In bocca a lupo. Alba Losada. Erasmus en Catania. |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhdnhJJpUmRBk-O5pBr3-DSFQLiFQGvuNrxDkY-MAB0QsMXcwvx-skTD0bNS-rf4XkKOHoaIWlq3LQrQZkgA1-lOO39i08S0lRvVHGFVKEEgU_KkePIXjSvQ9bjF9_TvubqmSNMFE4nRuf-/s640/Diapositiva27.JPG) |
Da obra: Erasmus Catania. María Pires.
|
Da obra:
Andiamo!. Miguel Angel González. Erasmus en Catania.
Da obra:
La fugacidad de Europa. Pablo Cid. Erasmus en Roma. (Fora de Concurso)
No hay comentarios:
Publicar un comentario