A Facultade de Historia, co apoio da Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, convocou un Concurso de Foto-Relato Mobilidade, coa finalidade de dar a coñecer as experiencias que os seus
estudantes atravesaron nas súas estancias fóra da universidade (como Sicúe, Erasmus ou
Propios).
Se solicitaba a descrición desa vivencia a través dun texto e de fotografías.
O xurado estivo composto pola decana, a coordinadora das mencionadas convocatorias, unha representante do sector PAS e un representante da Delegación de Alumnos. Se presentaron seis traballos axustados ás bases e todos os membros do xurado coincidiron en destacar a gran calidade dos traballos entregados; tanto que encontraron difícil realizar a necesaria selección definitiva. Finalmente se acordou por unanimidade conceder o premio a Eloy Martínez Soto polo seu traballo "Como se non houbese un mañá"; pola súa excelente redacción, na que describía con gran acerto a súa experiencia tanto dende o punto de vista académico como vital, ilustrándoa con unha boa selección de fotografías sobre as experiencias narradas.