28 ene 2013

Exposición Foto-Relato Mobilidade

A Facultade de Historia, co apoio da Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, convocou un Concurso de Foto-Relato Mobilidade, coa finalidade de dar a coñecer as experiencias que os seus estudantes atravesaron nas súas estancias fóra da universidade (como Sicúe, Erasmus ou Propios).

Se solicitaba a descrición desa vivencia a través dun texto e de fotografías.

O xurado estivo composto pola decana, a coordinadora das mencionadas convocatorias, unha representante do sector PAS e un representante da Delegación de Alumnos. Se presentaron seis traballos axustados ás bases e todos os membros do xurado coincidiron en destacar a gran calidade dos traballos entregados; tanto que encontraron difícil realizar a necesaria selección definitiva. Finalmente se acordou por unanimidade conceder o premio a Eloy Martínez Soto polo seu traballo "Como se non houbese un mañá"; pola súa excelente redacción, na que describía con gran acerto a súa experiencia tanto dende o punto de vista académico como vital, ilustrándoa con unha boa selección de fotografías sobre as experiencias narradas.

1 comentario:

  1. Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!

    FadoExpress là một trong những top công ty chuyển phát nhanh quốc tế hàng đầu chuyên vận chuyển, chuyển phát nhanh siêu tốc đi khắp thế giới, nổi bật là dịch vụ gửi hàng đi nhậtgửi hàng đi pháp và dịch vụ chuyển phát nhanh đi hàn quốc uy tín, giá rẻ

    ResponderEliminar