O pasado día 4 de Outubro, os estudantes de primeiro curso do Grao en Xeografía e Historía saíron da Facultade de Historia de Ourense para facer unha "xeo-ruta" polo noroeste ibérico, coordinada polo seu profesor Miguel Angel ÁlvarezVázquez, investigador contratado da área de Xeografía Física. Hoxe envíanos unha crónica da ruta redactada polos propios participantes na mesma.
Moitas grazas pola colaboración e por compartir esta experiencia.
Podedes seguir as andanzas deste grupo no propio blogue da materia Fundamentos de Xeografía Física. http://geografiafisicaou.blogspot.com.es
Moitas grazas pola colaboración e por compartir esta experiencia.
Podedes seguir as andanzas deste grupo no propio blogue da materia Fundamentos de Xeografía Física. http://geografiafisicaou.blogspot.com.es
Xeo-ruta polo noroeste ibérico
Crónica da Saída de Estudio
Grao en Xeografía e Historia. Fundamentos de Xeografía Física Data: 04/10/2013
Grao en Xeografía e Historia. Fundamentos de Xeografía Física Data: 04/10/2013
Autoría: Fernández Álvarez, Selene; García Bacelar,
Laura e Heleno Pereira, Iván.
Cediño, comezamos cunha viaxe en autobús dunha hora, chegamos ó concello de Quiroga onde visitamos o seu Museo Xeolóxico onde nos agardaba Ramón Vila Anca (Director do museo) para guiarnos no percorrido. No museo faláronos da formación do territorio galego, facendo especial fincapé no Sinclinal de Campodola-Leixazós, un pregamento que se produxo hai uns 450 millóns de anos e que atopamos na Serra do Courel.
O museo
estaba dividido en 5 partes:
Nesta sala explicáronnos a formación
do territorio galego que tivo lugar na etapa da oroxénese hercínica.
Explicáronos a evolución da formación da Terra que coñecemos hoxe en catro
etapas:
* Na
primeira podemos observar a formación dun único continente chamado Panxea.
* Na
segunda etapa debido aos esforzos de complexión créanse os pregamentos,
incluíndo nesta etapa o sinclinal do Courel.
* Na
terceira, dáse unha elevación dos montes hercínicos, mentres que as súas partes
mais altas íanse erosionando.
* E por
último lugar, hai 65 millóns de anos dáse unha elevación do territorio galego,
xunto coa formación dun elemento singular da paisaxe galega, as rías.
Ademais das fases da formación do territorio, puidemos ver e tocar algúns
fósiles e minerais do territorio galego, como por exemplo o cuarzo leitoso.
2. Historia paleontolóxica de Galicia a evolución da vida.
Nesta sala expóñense restos de animais que poboaron este territorio, algúns chegaron ata os nosos días como o xabarín pero a maioría extinguíronse xa ou non existen nesta zona. Un dos animais que mais nos chamou a atención foi o oso cavernario (Ursus spelaeus) unha especie de oso de gran tamaño, vexetariano nos dixeron no museo, que chegou a convivir co oso pardo, quen se adaptou mellor ao medio, mais pequeno e omnívoro. Outro dos animais foi o rinoceronte lanudo (Coelodonta antiquitatis) , unha especie que non imaxinábamos en Galicia. Ademais vimos restos de mamut, de hiena, bisonte estepario, corzo...
Aquí explicáronnos as glaciacións, as formacións dos glaciares, os lugares
ata os que chegou a glaciación (dentro de
Galicia as zonas altas) e como exemplo , temos a lagoa da Lucenza, na serra do Courel, que
mais tarde visitamos. Esta lagoa, atopase moi colmatada, é dicir, conta con
unha elevada cantidade de sedimentos. (uns 17 metros ). Explicáronnos tamén as
diferenzas entre os glaciares de circo, e os glaciares de casquete.
Nesta sala, había unha colección de cráneos dos diferentes homínidos que
ocuparon a terra, como por exemplo o Homo
habilis que se decatou de que era mais poderoso cunha pedra na man que coas
mans soas. Dende esta ferramenta
rudimentaria, que foi evolucionando, mostráronnos unha mostra das diferentes ferramentas
utilizadas polos nosos antergos. Como curiosidade datounos o homínido mais
antigo de Galicia fai uns 8.000 anos, aínda que hai indicios da existencia anteriores
de outros homínidos.
5. A minería.
Por ultimo, a visita remata con unha breve explicación sobre a actividade mineira
na zona, que foi moi intensa. Como exemplo está o xacemento de Montefurado onde
os romanos desviaron o río para poder extraer mellor o ouro.
Logo, montamos no autocar e subimos ata o sinclinal do courel. Este é un
pregamento do terreo. Hai 500 millóns de anos o terreo era uniforme pero os
movementos posteriores das capas da codia , provocaron pregamentos e aperturas
do terreo. Posteriores movementos sísmicos e a erosión fixeron desaparecer a
parte superficial, nun corte transversal, deixando a vista a capas que o
conforman.
Volvemos montar no autocar para comezar unha odisea por estrada estreita ata acadar o Alto do Couto, lugar de partida da nosa ruta.
As coordenadas de toda a ruta e as paradas que fixemos nela serían as
seguintes:
Inicio
13:02 → 42 36,862’ N ; 7 5,771’ W.
1307m.
1- 13:25
→ 42 36,458’ N ; 7 5,701’ W. 1393m.
2- 14.23
→ 42° 36,181’ N ; 7° 6,392’ W.1522m.
3- 14:34
→ 42 36,091’ N ; 7 6,557’ W. 1595m.
4- Lagoa
da Lucenza: Coordenadas UTM 29 T 654840 4717260
5- 16:09
→ 42° 35,501’ N ; 7° 6,630’ W. 1359m.
A Seara
(Fin) 17:13 → 42° 34,71’ N ; 7° 5,629’ W. 1127m.
Ao principio da ruta tivemos que superar una serie de contratempos da
natureza (as costas) e algún que outro máis humano. Nesta primeira parte a vexetación era
arbustiva xa que nos atopabamos nas zonas mais altas, mais ou menos a primeira
metade da ruta. Fixemos una parada para comer, de media hora. A partires de
aquí comezou a parte de descenso cara a lagoa Da Lucenza, e caeron as primeiras
pingas de auga. Neste descenso observamos perfectamente o circo glacial do que
nos falaron no museo. A vexetación comezou a cambiar. Deixou de ser arbustiva completamente para ir aparecendo as
primeiras árbores.
Chegamos a lagoa da Lucenza, punto mais interesante da ruta.
Desgraciadamente non contiña auga, pero , por non contela, aproveitamos para
realizar un experimento, proposto polo guía do museo. Ao saltar no centro da
lagoa (cuxas coordenadas serían 42° 35’ 32” N e 7° 6’ 46,90” W), notábanse as
vibracións do terreo, o chan ondulaba baixo os nosos pes, xa que estaba formado
por 17 metros de sedimentos. Polo tanto aquí teríamos unha turbeira, é dicir,
unha conca lacustre de orixe glaciar repleta de material vexetal máis ou menos
descomposto, coñecido co nome de turba de auga doce.
A partir de aquí, continuamos coa baixada, atopándonos con diferentes
vexetacións, con algunha fervenza, cun
pequeno río e os primeiros indicios de “vida humana” (campos de cultivo e algún
gando).
Seguindo o curso dese río, chegamos ao lugar indicado como a fin da ruta, A
Seara, onde nos esperaba o autocar para a volta a Ourense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario