7 jun 2014

Graduación promoción 2010-2014


Xavier Vieira Cid, Belén Carrera Laso, Sara Mier Quintas, Rebeca Gil Jorgen, Estefanía Rodríguez (Fani), Angeles Coello Fernández, Tania Pérez Pérez, Erika Estévez Gayoso, Raquel Losada García, Daniel Luis, Aloia Rodríguez Quintas, Iria Souto Castro, Marián Ferro Garrido e Hadrián Fernández Alvarado
(Foto da promoción do Grao en Xeografía e Historia 2010-2014)


Hadrián Alvarado (en representación dos alumna@s, Beatriz Vaquero (madriña da promoción), Virxilio Rodríguez (Vicerreitor do Campus de Ourense), Beatriz Comendador (Decana da Facultade de Historia) e Francisco Javier PérezRodríguez (padriño da promoción)

Cando Mario coñeceu a Clío: Isto é outra Historia!!


21, 23-24 Abril 2014, Xornadas Cando Mario coñeceu a Clio: Isto é outra Historia!!
Facultade de Historia de Ourense, Universidade de Vigo
Organizadas pola Delegación de Alumn@s, ALEHOU, GEAAT e Facultade de Historia, coa colaboración de Xogoon e Sindicato del Comic.

A información sobre a Historia non é patrimonio exclusivo de libros especializados, de documentais ou de outros tipos de informes académicos. O cine, os videoxogos, os cómics, as sagas literarias, xogos de mesa, xogos de rol e outros variados e diversos tipos de soportes, aparecen no panorama social como linguaxes diferentes, onde o pasado está presente, e que poderían ser enriquecidos pola labor dos historiadores.
Creemos que a día de hoxe non é posible pensar en tratar a Historia, sen ter e conta este amplo abanico de formatos que teñen un impacto na sociedade tanto ou máis importante cos libros especializados ou calquera outra clase de soporte académico e que debemos de estudar e analizar as potencialidades que ofrecen como ferramentas de difusión e incluso educativas. Con este fin de aproximarnos e coñecer estes formatos organizamos estas xornadas.



+ info: dafho@uvigo.es, http://historiaourense.blogspot.com.es/p/mario-clio.html

30 mar 2014

Coñeces...O Rianxo?


A rede temática "Alimentación Sostible en Comunidades Urbanas" (Sustainable Food in Urban Communities) é un proxecto que implica dez cidades europeas que desexan crecer, entregar e gozar de comida máis sostible e que están a buscar solucións conxuntas e eficaces. 


No pasado mes de xullo, o colectivo Niquelarte xunto con diversos axentes locais da cidade, organizaron unha edición do evento BIComun, na praza maior de Ourense. Posteriormente, a Sala Alterarte do Campus de Ourense, acolleu a exposición Coñeces BIComun? a iniciativa da Facultade de Historia de Ourense.

No BIComun, o mercado do Rianxo de Ourense foi diagnosticado como elemento patrimonial pola comunidade. Os participantes consideraron a través das etiquetas de cores, que o Rianxo está mal conservado e que gostarían de que o rehabilitasen. Pero as hortas tradicionais da  área periurbana de Ourense estanse perdendo tamén polo abandono dos seus propietarios e pola falta de “utilidade” dunha funcionalidade como a produción de alimentos.
Este feito ocasiona múltiples problemas coma a perda da paisaxe humanizada, o abandono dos camiños que conectan as diferentes parcelas, a maior incidencia dos lumes nuns terreos non cultivados, a necesidade de traer alimentos de lugares máis afastados incrementando o seu custe enerxético e a insostibilidade dun espazo que pudendo ser produtivo atopase sen ningún tipo de aproveitamento.


O pasado 5 de febreiro de 2014, se reuniron en Bruxelas, os participantes de máis de 40 cidades participantes a través da Exposición Sostible Food City presentando iniciativas dentro da URBACT Thematic Network Sustainable Food in Urban Communities. En seis obradoiros abordaron diversos temas e  reflectiron nas próximas prácticas para o desenvolvemento da gobernanza sostible de alimentos nas cidades.

Neste evento participou Maria Luisa Rúa, da Área de Nutirición e Bromatoloxía, do Departamento de Química Analítica e Alimentaria da Universidade de Vigo, quen fixo unha presentación rápida sobre O Rianxo, na que tamén falou do BIComún, e da Facultade de Historia e o Programa Coñeces...? de rutas interpretativas polo patrimonio próximo ao Campus de Ourense. Aquí tedes o vídeo.

URBACT midterm presentation M. L. Rua from Strategic Design Scenarios on Vimeo.

Dende entón, traballamos conxuntamente con outros axentes da cidade, para a realización da próxima edición do Programa Coñeces...?.que será o venres día 4 de Abril, adicada ao Rianxo e Ourense. Contamos coa colaboración da Vicerreitoría do Campus de Ourense, e desta volta, tamén do propio Concello de Ourense, que desevolve o proxecto Come Ourense. Esta actividade será presentada nunha rolda de prensa ás 11 na aula 0.10 da Facultade de Historia o martes día 1 de abril.



A actividade consiste nun pequeno paseo urbano e interpretativo a realizar o venres 4 de abril de 2014 dende as 10:30 ata as 14:30 horas.
Inclúe visita guiada ás hortas do concello e ao conxunto do Mercado e Burgas. Confluirán alumn@s que están a formarse en distintas disciplinas, xa que además dos de Historia, participarán os alumnos da Facultade de Ciencias, que están a desenvolver unha investigación con Maria Luisa Rúa para a asignatura de Química dos Alimentos, e tamén alumn@s de fotografía da Escola Antón Faílde.

E non decimos mási, pero haberá un evento sorpresa...

Para rematar a actividade, a organización convidará aos participantes a unha degustación de produtos adquiridos no propio Rianxo.

O punto de saída é o Edificio de Ferro/Facultade de Historia na porta que sae á rúa Dr. Temes fronte Cafetería JJ. A saída será ás 10:30 h. e rematará na Alameda ás 14:30 h.

Recoméndase vir con roupa e calzado axeitado para camiñar e adaptado á climatoloxía do día.

Inscrición na caseta do LERD fronte do Reloxo do Campus. Prazo ata o xoves 3 de abril.
Prazas limitadas: 30 persoas / por rigorosa orde de inscrición.

Descubre o patrimonio de Ourense coa combinación perfecta:
saúde, cultura e divertimento!!!

13 mar 2014

3ª Xornadas A Historia no Medio: #hiperVínculos ás Aulas

O próximos 26 e 27 de marzo, se celebran as 3ª Edición das Xornadas A Historia no Medio, este ano baixo o título #hiperVínculos ás Aulas.

Esta terceira edición quere expandir a idea do ensino na aula cara ás xentes, saberes e estrezas que están nas marxes. O que hoxe semella experimental, formará parte da educación do mañá. Porque ensinar tamén é empoderar a quen se arriscar levar a Historia por vieiros alternativos. Esta é a razón de establecer #hiperVínculos coas aulas.

A xornada do día 26 estará conducida por Laura Novelle López, Licenciada en Historia e DEA en Historia Contemporánea pola Universidade de Vigo. A do día 27 por Mª Isabel Doval Ruíz, Profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo, especialista en Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación.

As xornadas están organizadas pola Facultade de Historia, xunto coa Delegación de alumn@s, e contan co patronicio do Consello Social da Universidade de Vigo e coa colaboración da UVIGO.TV.

Se celebran no Salón de Graos do Edificio Facultades no Campus de Ourense.

A  inscrición é gratuita enviando un email cosa datos persoais, enderezo electrónico e e-mail a sdefho@uvigo.es




Aquí podes descargar o programa en pdf.

Participan nestas xornadas:

Laura Novelle López: Licenciada en Historia e DEA en Historia Contemporánea pola Universidade de Vigo.Especialista en Organización e Xestión Documental pola Universitat Jaume I. Investigadora, documentalista e redactora en Biblogtecarios, blog colaborativo profesional en Ciencias da Documentación. Exerceu como profesora contratada na Universidade de Vigo, así como de técnico de biblioteca na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.


Rubén Cabal Tejada: Licenciado en Historia e Mestrado en Historia e Análise Sociocultural pola Universidade de Oviedo. Actualmente é doutorando en Investigacións Humanísticas, na liña de investigación en Historia e Estudios Socioculturais na mesma universidade.


Éder Fonseca Mozo:  Licenciado en Historia pola Universidade de Oviedo. Actualmente está finalizando o Mestrado en Historia e Análise Sociocultural impartido conxuntamente polas Universidades de Oviedo eVersalles. Entre os seus temas de interese atopópanse o uso das imaxes na docencia da Historia e a análise dos medios de comunicación de masas.


Martiño X. Vázquez Mato
: Licenciado en Historia pola Universidade de Vigo, onde cursa tamén os seus estudos de mestrado e doutoramento na especialidade de Arqueoloxía. Coa realización de varios posgraos no CSIC especialízase na aplicación das TIG en arqueoloxía, temática que centrou a súa produción científica ata o momento. Socio fundador da empresa Xeitura: Xestión Integral do Patrimonio Cultural.


María Masaguer Otero: Conservadora-Restauradora de bens culturais. Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Mestrado en Novas Tecnoloxías aplicadas á Conservación do Patrimonio Inmoble na Universidade de Vigo. Combina dinámicas de xestión cultural-patrimonial con proxectos de cooperación ao desenvolvemento, a medio camiño entre Galicia e Iucatán (México).

Vítor García: Activista do Festival Novo Cruceiro Rock e estudante de Historia na USC.
Tania Plaza: Membro do Clube da Lingua e estudante de 3º da ESO no IES Marco do Camballón, Vila de Cruces.
Séchu Sende: Profesor, escritor, sociolingüista, coordenador do Equipo de Normalización da Lingua no IES Marco do Camballón e domador de pulgas no Galiza Pulgas Circus.

Mª Isabel Doval Ruíz: Profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo desde 1997. Especialista en Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación, Inclusión Educativa e Deseño e Innovación do Currículo en Educación Infantil e Primaria. Foi Subdirectora Xeral de Universidades da Xunta de Galicia e Secretaria do Comité de Dirección da ACSUG.

Misael A. López Zapico: Licenciado con Grao en Historia pola Universidade de Oviedo con Premio Fin de Carreira e Premio Extraordinario de Licenciatura. Doutor pola Universidade de Huelva. Foi profesor asociado nas Universidades de Oviedo e Murcia. Realizou estancias como investigador visitante en SUNY New Paltz, UMASS at Amherst, e University of Leeds.

Lucía Monteho Arnáiz: Licenciada en Historia da Arte e Mestrado en Historia e Análise Sociocultural pola Universidade de Oviedo. Mestrado en Historia Cultural e Social no Mundo Contemporáneo pola Universidade de Versalles. Doutoranda en Investigacións Humanísticas cunha tese sobre cultura física e espazo na época contemporánea.

Julio Gómez: Historiador e investigador sonoro. Iniciou a relación coa música a finais dos oitenta como crítico nos medios de comunicación Faro de Vigo e Radio 4-RNE. En 1994 comenza a exercer a súa actividade de programador musical e no ano 2000 funda a promotora cultural Sinsalaudio. Presidente da Asociación Galegade Profesionais da Xestión Cultural.

11 mar 2014

Auga e Paisaxe Cárstica


Dentro das actividades previstas para a Semana do Campus da Auga (17 a 22 de marzo de 2014), a Facultade de Historia organiza o próximo día 19 de marzo á 11 h, no Salón de Graos do Edificio Facultades (Edificio de Ferro), un seminario aberto sobre Auga e Paisaxe Cárstica.
Esta actividade, está organizada pola Facultade de Historia de Ourense en colaboración coa Prof. Elena de Uña Álvarez Área de Xeografía Física) e o Clube de Espeleoloxía A trapa (CETRA).
(Entrada libre para tod@s).
O seminario estará a cargo de Marcos Vaqueiro, do Clube de Espeleoloxía A Trapa (CETRA).

















Seguidamente, o 21 de Marzo, está previsto a ruta Auga e Paisaxe Cárstica, dirixida a alumn@s do Grao en Xeografía e Historia.


O programa previsto é o seguinte:

8.30 h. Saída de Ourense
11:00 h Santalla (Samos) no Val do Lóuzara:
14.30 h Seivane do Courel (Comida por libre)
16.30 h Sinclinal de Campodola: O nacemento de Galicia
17.00 h Visita ao museo Xeolóxico de Quiroga
19:30 h Chegada aproximada a Ourense




 



Para a VISITA do día 21: LÍMITE DE 30 PRAZAS DISPOÑIBLES POR ORDE DE INSCRICIÓN

SERÁ OBRIGATORIO ACUDIR AO SEMINARIO PARA IR Á VISITA

Inscricións enviando un correo a: sdefho@uvigo.es

RECOMENDACIONS
Roupa para viaxar e roupa (T<10ºC) para manchar.
Protección da testa/cabelo, iluminación e luvas.
Botas de auga ou montaña.
Si levas cámara ou teléfono, bolsa estanca.


Descarga aquí un documento con instrucións para a visita

16 feb 2014

¿Qué es el Patrimonio? (Por Sonia Faria Pinto)

Cuando me puse con este ejercicio se me hizo aburrida la idea de ponerme a divagar sobre el patrimonio con sus definiciones sus coletillas y sus leyes, así que opté por hacer una reflexión sobre el concepto pero más a pie de calle
Para hacer este ejercicio le pregunté a diez personas qué entendían por patrimonio; la gran mayoría por no decir todas no lo tenían nada claro, desde “todo o que hai de antes” -Juan,estudios básicos- hasta “bueno..el patrimonio es un conjunto de monumentos y obras que nos dejó la historia” Alfonso, abogado pasando por “uuuuuuuh, neniña, hoxe en día todo che é patrimonio mentras interese ós políticos” Manuel, estudios básicos, jubilado.
Podríamos pensar que quizás el nivel de estudios condicione a cada persona a la hora de dar una definición pero ni el abogado mencionado antes ni otros como banqueros, enfermeros se salvan a la hora de aclararse con el concepto.
No podemos olvidarnos de los más jóvenes…algunos no sabían por dónde empezar y eso sí que es realmente importante porque está claro que algo falla pero este es otro tema. Volviendo a nuestro patrimonio…
No todo son malas noticias hubo gente que estaba muy “al día” y me ilustró con numerosos y variados ejemplos y reflexiones.
Las  definiciones  fueron variadas y en algunos casos hemos llegado a discutir sobre si la ya desaparecida y famosa empanada de papuxas (típica en Monforte y que yo no recuerdo..) pertenecía a nuestro patrimonio o no.
Se puede extraer mucha información de las respuestas que dieron los entrevistados pero creo que merece la pena destacar la idea de que la gran mayoría no lo tiene claro (espero que no tenga que ver la localización…) y es que la idea de patrimonio está acompañada de la idea de monumento; el decir que patrimonio también es inmaterial no acaba de cuajar “eso son cousas de ahora
Un claro ejemplo es que a la pregunta : qué es lo primero que se te viene a la cabeza cuando digo patrimonio histórico? El 100%  nombraron la palabra monumento o similar.

¿Qué pasa  con el patrimonio  etnográfico? No existe, literalmente. Una fiesta patrimonio?
A mi modo de ver creo que hay un problema a la hora de mostrar nuestro patrimonio, no se trata de teorizar acerca de cuáles serían las palabras adecuadas para definirlo sino más bien en saber difundirlo como tal, en aclarar que el patrimonio no solo son monumentos o zonas arqueológicas sino también formas de vida, ideas…tradición.

En palabras de Mª Morente:

“El Patrimonio es algo más que un conjunto de bienes o de elementos diversos, algo mucho más complicado o quizá algo mucho más vital. Es la actitud del hombre moderno hacia su pasado y hacia su historia, su capacidad de identificarse con una comunidad y con un lugar y expresar esa identificación a través de unos bienes seleccionados” Morente del Monte, M.

Por Sonia Faria Pinto (Alumna del Máster en Historia, Territorio y Recursos Patrimoniales de la UVIGO)

3 feb 2014

Vaia Petate!!

[CONCURSO] Vaia petate!


Desde o LUNS 3 ata o MARTES 25 de febreiro, poñemos en marcha o concurso Vaia petate!

As bases son moi sinxelas e como premio, 25 estudantes do grao en Xeografía e Historia obterán un petate da Facultade de Historia de Ourense.

Estes son os pasos a seguir para participar:

Como sabedes, a Facultade de Historia desenvolve un programa de itinerarios temáticos para as saídas de estudos e prácticas de campo. Neste primeiro cuadrimeste fixéronse máis de dez itinerarios nos que participaron a totalidade dos estudantes do Grao en Xeografía e Historia.
- Para participar o único que debes facer é enviarnos unha foto dalgunha destas saídas de estudo e unha pequena redacción (entre dez e vinte liñas), na que nos contes a túa opinión sobre estas visitas, en xeral, ou sobre a saída da fotografía que seleccionaches. 
- Todo isto debes envialo ao noso correo sdefho@uvigo.es cos teus datos (nome) e poñendo no asunto o nome do concurso e o título da foto.

- As 25 primeiras testemuñas recibidas levaranse un petate, sempre que cumpran os requisitos.

- Os premiados poderán ir recoller o seu premio o 27 de febreiro no decanato da Facultade de Historia, unha vez que teñamos os listados definitivos. 

- Compartiremos estas fotos e comentarios no noso album de Facebook e/ou no noso blogue.


Esperámosvos!!

  • Cada persoa só pode presentar unha foto no concurso, pola contra perderá a opción a premio.
  • Calquera intento de irregularidade ou mala intención do participante, inmediatamente quedará descualificado para o premio sen xerar reclamo algún.
  • A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das bases do concurso e do seu funcionamento.
  • Os participantes deberán cumprir as normas e aceptarán as decisións inapelables dos organizadores do concurso.



Concurso @HistoriaOurense #VaiaPetate