[CONCURSO] Vaia petate!
Desde o LUNS 3 ata o MARTES 25 de febreiro,
poñemos en marcha o concurso Vaia petate!
As bases son moi sinxelas e como premio, 25 estudantes do grao en Xeografía e Historia obterán un petate da Facultade de Historia de Ourense.
- Como sabedes, a Facultade de Historia desenvolve un programa de itinerarios temáticos para as saídas de estudos e prácticas de campo. Neste primeiro cuadrimeste fixéronse máis de dez itinerarios nos que participaron a totalidade dos estudantes do Grao en Xeografía e Historia.
- Para participar o único que debes facer é enviarnos
unha foto dalgunha destas saídas de estudo e unha pequena redacción (entre dez e vinte liñas), na que nos contes a túa opinión sobre estas visitas, en xeral, ou sobre a saída da fotografía que seleccionaches.
- Todo isto debes envialo ao noso correo sdefho@uvigo.es cos teus datos (nome) e poñendo
no asunto o nome do concurso e o título da foto.
- As 25 primeiras testemuñas recibidas levaranse un petate, sempre que cumpran os requisitos.
- Os
premiados poderán ir recoller o seu premio o 27 de febreiro no decanato da
Facultade de Historia, unha vez que teñamos os listados definitivos.
- Compartiremos estas fotos e comentarios no noso album de Facebook e/ou no noso blogue.
Esperámosvos!!
- Cada persoa só pode presentar unha foto no concurso, pola contra perderá a opción a premio.
- Calquera intento de irregularidade ou mala intención do participante, inmediatamente quedará descualificado para o premio sen xerar reclamo algún.
- A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das bases do concurso e do seu funcionamento.
- Os participantes deberán cumprir as normas e aceptarán as decisións inapelables dos organizadores do concurso.
Concurso @HistoriaOurense #VaiaPetate
No hay comentarios:
Publicar un comentario