11 mar 2014

Auga e Paisaxe Cárstica


Dentro das actividades previstas para a Semana do Campus da Auga (17 a 22 de marzo de 2014), a Facultade de Historia organiza o próximo día 19 de marzo á 11 h, no Salón de Graos do Edificio Facultades (Edificio de Ferro), un seminario aberto sobre Auga e Paisaxe Cárstica.
Esta actividade, está organizada pola Facultade de Historia de Ourense en colaboración coa Prof. Elena de Uña Álvarez Área de Xeografía Física) e o Clube de Espeleoloxía A trapa (CETRA).
(Entrada libre para tod@s).
O seminario estará a cargo de Marcos Vaqueiro, do Clube de Espeleoloxía A Trapa (CETRA).

















Seguidamente, o 21 de Marzo, está previsto a ruta Auga e Paisaxe Cárstica, dirixida a alumn@s do Grao en Xeografía e Historia.


O programa previsto é o seguinte:

8.30 h. Saída de Ourense
11:00 h Santalla (Samos) no Val do Lóuzara:
14.30 h Seivane do Courel (Comida por libre)
16.30 h Sinclinal de Campodola: O nacemento de Galicia
17.00 h Visita ao museo Xeolóxico de Quiroga
19:30 h Chegada aproximada a Ourense




 



Para a VISITA do día 21: LÍMITE DE 30 PRAZAS DISPOÑIBLES POR ORDE DE INSCRICIÓN

SERÁ OBRIGATORIO ACUDIR AO SEMINARIO PARA IR Á VISITA

Inscricións enviando un correo a: sdefho@uvigo.es

RECOMENDACIONS
Roupa para viaxar e roupa (T<10ºC) para manchar.
Protección da testa/cabelo, iluminación e luvas.
Botas de auga ou montaña.
Si levas cámara ou teléfono, bolsa estanca.


Descarga aquí un documento con instrucións para a visita

16 feb 2014

¿Qué es el Patrimonio? (Por Sonia Faria Pinto)

Cuando me puse con este ejercicio se me hizo aburrida la idea de ponerme a divagar sobre el patrimonio con sus definiciones sus coletillas y sus leyes, así que opté por hacer una reflexión sobre el concepto pero más a pie de calle
Para hacer este ejercicio le pregunté a diez personas qué entendían por patrimonio; la gran mayoría por no decir todas no lo tenían nada claro, desde “todo o que hai de antes” -Juan,estudios básicos- hasta “bueno..el patrimonio es un conjunto de monumentos y obras que nos dejó la historia” Alfonso, abogado pasando por “uuuuuuuh, neniña, hoxe en día todo che é patrimonio mentras interese ós políticos” Manuel, estudios básicos, jubilado.
Podríamos pensar que quizás el nivel de estudios condicione a cada persona a la hora de dar una definición pero ni el abogado mencionado antes ni otros como banqueros, enfermeros se salvan a la hora de aclararse con el concepto.
No podemos olvidarnos de los más jóvenes…algunos no sabían por dónde empezar y eso sí que es realmente importante porque está claro que algo falla pero este es otro tema. Volviendo a nuestro patrimonio…
No todo son malas noticias hubo gente que estaba muy “al día” y me ilustró con numerosos y variados ejemplos y reflexiones.
Las  definiciones  fueron variadas y en algunos casos hemos llegado a discutir sobre si la ya desaparecida y famosa empanada de papuxas (típica en Monforte y que yo no recuerdo..) pertenecía a nuestro patrimonio o no.
Se puede extraer mucha información de las respuestas que dieron los entrevistados pero creo que merece la pena destacar la idea de que la gran mayoría no lo tiene claro (espero que no tenga que ver la localización…) y es que la idea de patrimonio está acompañada de la idea de monumento; el decir que patrimonio también es inmaterial no acaba de cuajar “eso son cousas de ahora”
Un claro ejemplo es que a la pregunta : qué es lo primero que se te viene a la cabeza cuando digo patrimonio histórico? El 100%  nombraron la palabra monumento o similar.

¿Qué pasa  con el patrimonio  etnográfico? No existe, literalmente. Una fiesta patrimonio?
A mi modo de ver creo que hay un problema a la hora de mostrar nuestro patrimonio, no se trata de teorizar acerca de cuáles serían las palabras adecuadas para definirlo sino más bien en saber difundirlo como tal, en aclarar que el patrimonio no solo son monumentos o zonas arqueológicas sino también formas de vida, ideas…tradición.

En palabras de Mª Morente:

“El Patrimonio es algo más que un conjunto de bienes o de elementos diversos, algo mucho más complicado o quizá algo mucho más vital. Es la actitud del hombre moderno hacia su pasado y hacia su historia, su capacidad de identificarse con una comunidad y con un lugar y expresar esa identificación a través de unos bienes seleccionados” Morente del Monte, M.

Por Sonia Faria Pinto (Alumna del Máster en Historia, Territorio y Recursos Patrimoniales de la UVIGO)

3 feb 2014

Vaia Petate!!

[CONCURSO] Vaia petate!


Desde o LUNS 3 ata o MARTES 25 de febreiro, poñemos en marcha o concurso Vaia petate!

As bases son moi sinxelas e como premio, 25 estudantes do grao en Xeografía e Historia obterán un petate da Facultade de Historia de Ourense.

Estes son os pasos a seguir para participar:

- Como sabedes, a Facultade de Historia desenvolve un programa de itinerarios temáticos para as saídas de estudos e prácticas de campo. Neste primeiro cuadrimeste fixéronse máis de dez itinerarios nos que participaron a totalidade dos estudantes do Grao en Xeografía e Historia.
- Para participar o único que debes facer é enviarnos unha foto dalgunha destas saídas de estudo e unha pequena redacción (entre dez e vinte liñas), na que nos contes a túa opinión sobre estas visitas, en xeral, ou sobre a saída da fotografía que seleccionaches. 
- Todo isto debes envialo ao noso correo sdefho@uvigo.es cos teus datos (nome) e poñendo no asunto o nome do concurso e o título da foto.

- As 25 primeiras testemuñas recibidas levaranse un petate, sempre que cumpran os requisitos.

- Os premiados poderán ir recoller o seu premio o 27 de febreiro no decanato da Facultade de Historia, unha vez que teñamos os listados definitivos. 

- Compartiremos estas fotos e comentarios no noso album de Facebook e/ou no noso blogue.


Esperámosvos!!

  • Cada persoa só pode presentar unha foto no concurso, pola contra perderá a opción a premio.
  • Calquera intento de irregularidade ou mala intención do participante, inmediatamente quedará descualificado para o premio sen xerar reclamo algún.
  • A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das bases do concurso e do seu funcionamento.
  • Os participantes deberán cumprir as normas e aceptarán as decisións inapelables dos organizadores do concurso.



Concurso @HistoriaOurense #VaiaPetate

16 dic 2013

Itinerarios Temáticos 1º cuadrimestre



A Facultade de Historia desenvolve un programa de itinerarios temáticos para as saídas de estudos e prácticas de campo do Curso 2013-14. Neste primeiro cuadrimeste fixéronse un total de once itinerarios nos que participaron a totalidade dos estudantes do Grao en Xeografía e Historia. 

A Facultade de Historia de Ourense quere agradecer a todas as persoas implicadas na súa organización e coordinación, así como ás diversas institucións, empresas e colectivos pola súa acollida.

E no segundo cuadrimestre máis.

9 dic 2013

Xornadas Interdisciplinares de Xeografía Ambiental



As Xornadas Interdisciplinares de Xeografía Ambiental, xurden dentro do programa "Aula Aberta" da Facultade de Historia, a iniciativa do profesor Miguel Ángel Álvarez Vázquez, da Area de Xeografía Física. Teñen finalidade principal: completar e/ou complementar a formación no campo da Xeografía dos alumnos e alumnas do Grao en Xeografía e Historia. O programa que xira en torno á Xeografía Ambiental, pero dende diferentes puntos de vista. Aínda que o centro das xornadas son os alumnos e alumnas, estas creáronse con finalidade divulgativa, por ese motivo queremos invitar a sociedade en xeral a asistir, cumprindo con esa función primordial de xeración e, sobre todo, transmisión do coñecemento que debe ter a Universidade.

Cun cartel de luxo falaremos de Xeografía e Ambiente os días 16 e 17 de decembro no salón de graos do Edificio de Facultades, agora Vicente Risco. Expertos en diferentes campos de coñecemento formularán cuestións sobre a interacción natureza-sociedade.

PROGRAMA

Luns 16/DEC/2013
16:00 h.
O delito ambiental: unha perspectiva social.
Isabel Alonso (Universidad de La Laguna).
17:00 h.
Cazadores de metais: buscando contaminación.
Inmaculada de la Calle (Universidade de Vigo).

Martes 17/DEC/2013
16:00 h.
Tribos do leste de África. Formas de "posuír" a Terra.
Marcos Vecín (EVOLUSEUM, Santa Cruz - Bolivia).
17:00 h.
Como mellorar o aproveitamento forestal en Galicia.
Alberte Piñeiro, Gustavo Amann  e Xermán Darriba. Diálogos03 (Asociación de Bolseiros da Fundación Pedro Barrié de la Maza).


Isabel Alonso é Diplomada en Educación Social, Licenciada en Pedagoxía e Doutora en Psicoloxía pola Universidade de La Laguna. Como educadora social traballa en contacto coa realidade cotiá de adolescentes de estratos sociais pouco favorecidos. A súa Tese Doutoral, que leva por título "O impacto das atribucións e as normas no comportamento anti-ecolóxico ilegal", xira en torno á percepción que a sociedade en xeral ten do delito ambiental e os comportamentos derivados. Egresada da Facultade de Educación volve a Ourense para ofrecernos un punto de vista social nestas xornadas.




 


Inma de la Calle é Licenciada en Química e Doutora pola Universidade de Vigo, especializada en Química Analítica. A súa liña de traballo consiste no desenvolvemento e optimización de procedementos de preparación de mostra e técnicas de preconcentración para a análise de metais a niveis traza en mostras ambientais (chans, auga, material vexetal...). É unha das poucas persoas en España que traballou en profundidade coa Fluorescencia de Raios X por Reflexión Total (TXRF), unha técnica emerxente. O grupo de investigación ao que pertence foi etiquetado pola prensa como "cazadores de metales nocivos" (La Voz de Galicia, 06/11/2011) ou "rastreadores de metales que mejoran la calidad de vida" (Faro de Vigo, 05/02/2012).




Marcos Vecín. Biólogo de formación, rematada a súa carreira foise a vivir entre xentes dos países aos que chamamos "en vías de desenvolvemento". Nunha primeira etapa en Bolivia encargouse, entre outras cousas, do deseño e montaxe do Museo da Evolución de Santa Cruz (EVOLUSEUM), proxecto que a día de hoxe mantén e dirixe. De Bolivia trasladouse a África onde traballa como guía en safaris fotográficos, alí coñeceu de maneira directa a forma de vida de tribos como os Turkana, os Samburu, os Masai ou os Hadzabe. Divulgador nato, é autor do blog "MIGRACIONES. Viajes. Voces. Vidas. " Onde conta as súas experiencias en mundos que ás veces parecen moi afastados. Achega a estas xornadas un punto de vista eminentemente vivencial.




A reunión Diálogos03 celebrada o pasado 27 de abril, xorde por iniciativa da Asociación de Bolseiros da Fundación Pedro Barrié de la Maza, reunindo a expertos en ordenación territorial, xestión e industria forestal. O resultado foi un amplo informe que reúne dez puntos con propostas viables para mellorar a xestión forestal en Galicia, que achegan a estas xornadas un punto de vista integrado dende diversos ámbitos de coñecemento. Acompañarannos tres ex-bolseiros da Fundación Pedro Barrié de la Maza: Alberte Piñeiro (Enxeñeiro de Montes; Xefe do Distrito Forestal IV - Barbanza, da Xunta de Galicia), Gustavo Amann (Enxeñeiro Industrial, Banco Popular) e Xermán Darriba (Arqueólogo)".


11 nov 2013

Chegan as III Xornadas de Novos Investigadores

Una ano máis, a Delegación de Alumn@s da Facultade de Historia de Ourense en colaboración co centro, organiza as Xornadas de Novos Investigadores na súa III edición, que se celebrará os días 13 e 14 de Novembro de 2013, no Salón de Graos do Edificio de Ferro.

Aquí tedes o programa das xornadas.

Programa do Mércores 13

Programa do Xoves 14


E ao rematar, podedes unirvos "A Festa da Queimada" organizada por Galopín Festas Universitarias fronte ao Edificio de Ferro.