13 mar 2014

3ª Xornadas A Historia no Medio: #hiperVínculos ás Aulas

O próximos 26 e 27 de marzo, se celebran as 3ª Edición das Xornadas A Historia no Medio, este ano baixo o título #hiperVínculos ás Aulas.

Esta terceira edición quere expandir a idea do ensino na aula cara ás xentes, saberes e estrezas que están nas marxes. O que hoxe semella experimental, formará parte da educación do mañá. Porque ensinar tamén é empoderar a quen se arriscar levar a Historia por vieiros alternativos. Esta é a razón de establecer #hiperVínculos coas aulas.

A xornada do día 26 estará conducida por Laura Novelle López, Licenciada en Historia e DEA en Historia Contemporánea pola Universidade de Vigo. A do día 27 por Mª Isabel Doval Ruíz, Profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo, especialista en Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación.

As xornadas están organizadas pola Facultade de Historia, xunto coa Delegación de alumn@s, e contan co patronicio do Consello Social da Universidade de Vigo e coa colaboración da UVIGO.TV.

Se celebran no Salón de Graos do Edificio Facultades no Campus de Ourense.

A  inscrición é gratuita enviando un email cosa datos persoais, enderezo electrónico e e-mail a sdefho@uvigo.es




Aquí podes descargar o programa en pdf.

Participan nestas xornadas:

Laura Novelle López: Licenciada en Historia e DEA en Historia Contemporánea pola Universidade de Vigo.Especialista en Organización e Xestión Documental pola Universitat Jaume I. Investigadora, documentalista e redactora en Biblogtecarios, blog colaborativo profesional en Ciencias da Documentación. Exerceu como profesora contratada na Universidade de Vigo, así como de técnico de biblioteca na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.


Rubén Cabal Tejada: Licenciado en Historia e Mestrado en Historia e Análise Sociocultural pola Universidade de Oviedo. Actualmente é doutorando en Investigacións Humanísticas, na liña de investigación en Historia e Estudios Socioculturais na mesma universidade.


Éder Fonseca Mozo:  Licenciado en Historia pola Universidade de Oviedo. Actualmente está finalizando o Mestrado en Historia e Análise Sociocultural impartido conxuntamente polas Universidades de Oviedo eVersalles. Entre os seus temas de interese atopópanse o uso das imaxes na docencia da Historia e a análise dos medios de comunicación de masas.


Martiño X. Vázquez Mato
: Licenciado en Historia pola Universidade de Vigo, onde cursa tamén os seus estudos de mestrado e doutoramento na especialidade de Arqueoloxía. Coa realización de varios posgraos no CSIC especialízase na aplicación das TIG en arqueoloxía, temática que centrou a súa produción científica ata o momento. Socio fundador da empresa Xeitura: Xestión Integral do Patrimonio Cultural.


María Masaguer Otero: Conservadora-Restauradora de bens culturais. Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Mestrado en Novas Tecnoloxías aplicadas á Conservación do Patrimonio Inmoble na Universidade de Vigo. Combina dinámicas de xestión cultural-patrimonial con proxectos de cooperación ao desenvolvemento, a medio camiño entre Galicia e Iucatán (México).

Vítor García: Activista do Festival Novo Cruceiro Rock e estudante de Historia na USC.
Tania Plaza: Membro do Clube da Lingua e estudante de 3º da ESO no IES Marco do Camballón, Vila de Cruces.
Séchu Sende: Profesor, escritor, sociolingüista, coordenador do Equipo de Normalización da Lingua no IES Marco do Camballón e domador de pulgas no Galiza Pulgas Circus.

Mª Isabel Doval Ruíz: Profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo desde 1997. Especialista en Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación, Inclusión Educativa e Deseño e Innovación do Currículo en Educación Infantil e Primaria. Foi Subdirectora Xeral de Universidades da Xunta de Galicia e Secretaria do Comité de Dirección da ACSUG.

Misael A. López Zapico: Licenciado con Grao en Historia pola Universidade de Oviedo con Premio Fin de Carreira e Premio Extraordinario de Licenciatura. Doutor pola Universidade de Huelva. Foi profesor asociado nas Universidades de Oviedo e Murcia. Realizou estancias como investigador visitante en SUNY New Paltz, UMASS at Amherst, e University of Leeds.

Lucía Monteho Arnáiz: Licenciada en Historia da Arte e Mestrado en Historia e Análise Sociocultural pola Universidade de Oviedo. Mestrado en Historia Cultural e Social no Mundo Contemporáneo pola Universidade de Versalles. Doutoranda en Investigacións Humanísticas cunha tese sobre cultura física e espazo na época contemporánea.

Julio Gómez: Historiador e investigador sonoro. Iniciou a relación coa música a finais dos oitenta como crítico nos medios de comunicación Faro de Vigo e Radio 4-RNE. En 1994 comenza a exercer a súa actividade de programador musical e no ano 2000 funda a promotora cultural Sinsalaudio. Presidente da Asociación Galegade Profesionais da Xestión Cultural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario