26 may 2013

Coñeces...?: O relato ao estilo comic


Para celebrar hoxe que a Facultade de Historia de Ourense ten 300 amigos na súa páxina de Facebook, deixámosvos aquí o link a un presente: un relato diferente da IIº Ruta Interpretativa polo Patrimonio Próximo ao Campus de Ourense. Esta vez, cun xeito distinto de contalo. Esperamos que vos guste!!!

E seguimos.



14 may 2013

Puntualizacións sobre a ruta ás Illas Cíes



En relación coa visita  programada pola Facultade de Historia ás Illas Cíes, remitimos as seguintes puntualizacións:
Saída de Ourense: xoves 16 de maio ás 8:30, no Edificio de Ferro – Facultade de Historia. Prégase puntualidade porque a esa hora ten que estar o grupo organizado e dentro do autobús.
Saída da estación marítima de  Vigo ás  10:15 horas. As persoas que non realicen a viaxe en autobús deberán estar na estación 30 minutos antes.
 Retorno das Illas Cies: 17:00 horas.
Chegada aproximada a Ourense: 19:30 horas.

Recoméndase vir con roupa e calzado axeitado para camiñar e adaptado a climatoloxía do día. As previsións indican que poderá chover a partires das 15:00 horas. Asemade recoméndase traer unha mochila con bocadillo, froita, auga, froitos secos e algo de chocolate. Teredes tamén que viaxar con unha bolsa para o lixo onde depositar os residuos que se poidan xerar. E por suposto cámara de fotos!! .
Para calquera consulta non dubidedes en poñervos en contacto connosco no Telef. 988 387 200 (horario de 8:30 a 14:30) ou en sdefho@uvigo.es
Vémonos!!

9 may 2013

Programa de Voluntariado da Facultade de Historia de Ourense

A Facultade de Historia de Ourense ven de potenciar a súa participación nas accións de voluntariado, coa oferta dun conxunto de programas especialmente referidos á intervención cultural, na perspectiva dun Humanismo implicado na acción social.
Esta vontade colaborativa se materializará próximamente no primeiro evento dun dos Programas de Voluntariado desenvolvidos, denominado
Sonoridades no Tempo.


Entre os obxectivos deste programa están:

- Dar a coñecer os contextos e valores básicos da nosa tradición musical e patrimonio cultural.
- Aprender a desenvolverse cos demais e participar en actividades en grupo con actitudes solidarias e tolerantes.
- Gozar da audición de obras musicais de diferentes estilos e procedencias como forma de comunicación e como educación cultural e como pracer persoal.
- Analizar obras musicais como exemplos da creación artística, do contexto histórico e do patrimonio cultural, recoñecendo as intencións e funcións que teñen co fin de aprecialas e relacionalas cos gustos e valoracións propios.
- Acercarse de forma intuitiva aos xéneros e elementos básicos da forma musical, estimulando a escoita activa.
- Participar en actividades musicais fora dos contextos máis formais (conservatorios, salas de concertos).
- Participar nas actividades musicais con actitude aberta, amosando interese e respecto.
- Sensibilizar cara ao comportamento grupal e as normas para asistir a un concerto 

1º Evento
Data: 29 de maio de 2013
Hora:16:30-18:30
Lugar: Aula de música. 3º pranta do Edificio de Ferro

Se trata dunha sesión didáctica con música en vivo, proxeccións de imaxes e comentarios. Se escoitarán catro ámbitos musicais diferentes e con compositores de distintas nacionalidades, coa presentación dunha serie de proxeccións que facilitan a comprensión das pezas e da súa conexión có pasado. Está dirixido ao ciclo de maiores, pero a actividade é aberta. Estará coordinada por Celia Adrián Rodríguez e Laura Rodicio Pereira


REPERTORIO

ü“Cantiga” (2006, obra para acordeón e electroacústica) de A. E. Côpes
ü“Romance” (2001, obra para acordeón) de F. Angelis
üGnosienne nº 1” (1890, transcripción para acordeón) de E. Satie
üMelodia” (1979, obra para acordeón) de T. Hosokawa
ü
Aurélio Edler-Côpes, compositor brasileiro (coa súa formación no territorio español), Frank Angelis e Erik Satie compositores franceses e Toshio Hosokawa, compositor xaponés



8 may 2013

Aprazamento da actividade "Coñeces?..." para o 23 de maio



Por mor da mala previsión do tempo de Meteogalicia para o xoves 9 de maio, así como pola coincidencia da data escollida para realizar a segunda ruta polo patrimonio próximo ao Campus de Ourense coa convocatoria de folga no estudantado; queda aprazada a actividade Coñeces as orixes de Ourense e o seu futuro? para o XOVES 23 DE MAIO en xornada de tarde. Quedando o programa como segue:

PROGRAMA:
Horario total da actividade: 16:00 – 21:30

16:00 _ Recepción de participantes na Facultade de Historia de Ourense. Inicio da ruta*.
16:00-16:30 _ km 2 Parada interpretativa**: Castro de Oira.
16:45-17:00 _ km 3.5 Parada interpretativa**: Ponte Romana de Ourense.
17:15-17:45 _ km 5.5 Parada interpretativa**: Centro de Interpretación Arqueolóxico e Termal de As Burgas
18:15-18:45 _ km 9 Parada interpretativa**/ Avituallamento. Tinteiro – Birdwatching
19:15 - 19:30 _ km 10 Termas A Chavasqueira***

OPCIÓN 1: 19:30 Regreso**** ao centro urbano

OPCIÓN 2: 19:30 – 21:00 Baño termal no balneario de A Chavasqueira (de balde)
21:30 - Regreso**** ao centro urbano

MÉTODO DE INSCRICIÓN (Poderá participar calquera persoa maior de idade, non sendo necesario pertencer á comunidade universitaria)

PARA OS XA INSCRITOS PARA A XORNADA DO 9 DE MAIO
Estes terán preferencia sobre novas inscricións. Cada participante recibirá un correo-e que terá que respostar antes do xoves 16 de maio formalizando así de novo o seu interese en participar nesta nova convocatoria.

PARA NOVAS INSCRICIÓNS
Será necesario inscribirse na caseta do LERD, en fronte do Reloxo do Campus, ou ben mandando un correo electrónico a martinxvm@uvigo.es indicando: nome, apelidos, teléfono de contacto e correo-e.

OBSERVACIÓNS:
O punto de saída é o Edificio de Ferro – Facultade de Historia na porta que sae á rúa Dr. Temes. (saída ás 16:00 horas)

A actividade rematará no Parque de San Lázaro ás 21:30 h aprox. (existirá a posibilidade de rematar ás 19:30 h. para quen non queira quedarse ao baño termal).

Recoméndase vir con roupa e calzado axeitado para camiñar e adaptado a climatoloxía do día. Asemade, para quen quede ao baño termal, é necesario traer: unha mochila con traxe de baño, chancletas, toalla e unha muda.


ACLARACIÓNS:
* A ruta será coordinada por por José A. García Calvo – Willy (responsable das Rutas Culturais da Universidade de Vigo) e Beatriz Comendador Rey (Decana da Facultade de Historia de Ourense)

** As paradas interpretativas correrán a cargo de Raúl Fernández González (Bilurico Medio Ambiente), Martiño Xosé Vázquez Mato (GEAAT-UVIGO) e Silvia González Soutelo (GEAAT-UVIGO)

*** Posibilidade de baño termal ao remate da ruta

**** O regreso ó Campus Universitario realizarase en autobús

+ info: Martiño Xosé Vázquez (GEAAT-UVigo), responsable da actividade: 651 017 416 martinxvm@uvigo.es /http://historiaourense.blogspot.com.es/p/coneces.html

3 may 2013

Visita de estudios ás Illas Cíes e o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas



Esta visita de estudios é unha actividade formativa transversal da Facultade de Historia que ten como finalidade achegar aos participantes, mediante a práctica dunha actividade de lecer como é o sendeirismo, o rico patrimonio natural e cultural asociado ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia – Arquipelago das Illas Cíes, un dos catorce Parques Naturais Declarados que hai en España. Unha actividade de difusión coa que se pretende mellorar o seu recoñecemento presente e conservación futura, e introducir aos alumnos ás características dos Parques Naturáis.

Data e hora
Xoves 16 de maio 
O punto de saída en bus dende Ourense é o Edificio de Ferro-facultadede Historia de Ourense. 8.30 h 
O punto de saída en barco é a Estación Marítima do peirao de Vigo ás 10:15 h
Retorno de Cíes 19:45 h; Chegada a Vigo 20:45 h
Chegada aproximada a Ourense: 22.15 h

Programa: 
Chegada a CÍES (11:15 h) 
Roteiro de Mañá (11:30-14:30 h)
Distancia: 7 km 
Duración: 3 h 

Saímos cara o Areal de Figueiras onde descubriremos un complexo dunar no que se observan algunhas especies protexidas como o carrasco bravo e a camariña. Despois de case unha hora camiñando pola fermosa paisaxe da illa chegaremos A Valgada, un outeiro moi prominente na paisaxe onde se situaba o antigo queimador da illa e dende onde teremos unha ampla panorámica da contorna ao tempo que comprobaremos a adaptación da flora insular aos fortes ventos procedentes do mar. Pouco despois chegaremos ao miradoiro de Monte Agudo, un miradoiro de aves cunha fantástica perspectiva tamén da singular orografía da illa. Dende este punto observaremos os cantís onde crían aves como o cormorán mariño ou as gaivotas patiamarelas. Ademais na contorna descubriremos tamén prantas singulares como o fiuncho ou caraveis mariños que resisten un alto índice de salinidade e solos con pouco sustrato e moi rochosos como estes. Estamos na metade da ruta e no lugar máis próximo ó continente da illa, lugar onde se encontra un faro enfrontado ó de Cabo Home. Dende este punto teremos tamén unha fantástica panorámica das Rías Baixas, a Costa da Vela e a Illa de Ons ó norte. 

Xa de volta teremos unha das mellores vistas da xornada no Alto do Príncipe, dende onde podemos contemplar a labor de protección que a illa fai sobre a Ría de Vigo. Xa que logo este punto permite observar a un tempo o relevo modulado pola erosión mariña e aérea ó oeste e a zona con mellores condicións bioxeográficas ó leste. 

Xantar (14:30 h-16:00) (Levar comida)

Roteiro de Tarde (16:00-19:00 h) 
Distancia: 7 km 
Duración: 3 h 

Despois de xantar pasearemos ao carón da lagoa que separa as dúas illas (I. do Norte ou Monteagudo e I. do Medio ou do Faro). Se a visibilidade é boa ese día podemos observar unha grande variedade de peixes, crustáceos e algas. Anexa a esta encóntrase a famosa Praia de Rodas, recoñecida internacionalmente como a “mellor praia do mundo” segundo o rotativo británico The Guardian. Dende este punto observaremos a terceira illa do arquipélago (I. do Sur ou de San Martiño). 

Dende o areal comezaremos a tomar altura, remontando o castro, ata chegar o punto máis alto no Faro de Cíes. Polo camiño descubriremos a famosa Pedra da Campá, un singular monumento natural resultado da erosión do vento, e tomaremos un pouco de aire no observatorio de aves para recrearnos coa vista dos candís nos que teñen o seu niño millerios de cormoráns mariños e gaivotas.



Coordinación e equipo técnico

A ruta será coordinada por Beatriz Comendador Rey (Decana da Facultade de Historia de Ourense) e Susana Reboreda Morillo (Vicedecana da Facultade de Historia de Ourense). A guía, o acompañamento en ruta e as paradas interpretativas correrán a cargo do ambientólogo Raúl Fernández González (Bilurico Medio Ambiente) e o arqueólogo Martiño Xosé Vázquez Mato (GEAAT-UVIGO). 



Recomendacións

Recoméndase vir con roupa e calzado axeitado para camiñar e adaptado a climatoloxía do día. Especialmente unha gorra ou viseira se fai sol. Asemade recoméndase traer unha mochila con bocadillo, froita, auga, froitos secos e algo de chocolate. No caso de que o día sexa apropiado existe a posibilidade de bañarse no tempo do xantar, xa que logo neste caso engadir á mochila traxe de baño e toalla. E por suposto cámara de fotos!!

 Actividade gratuita dirixida ao alumnado e profesorado da Facultade de Historia de Ourense.
Actividade programada dentro do calendario das Visitas de Estudios do centro.


As persoas interesadas poderán inscribirse no Espazo de Coordinación do Grao na plataforma TEMA ou ben enviar un correo electrónico a sdefho@uvigo.es.
Deberase indicar: DNI, nome e apelidos, teléfono, correo electrónico, titulación e curso mais alto no que se atopa matriculado/a ou vinculación coa Facultade de Historia
antes do 7 de maio ás 14:30 h.


Fai click para descargar a Guía do Visitante
Fai click para descargar o Mapa do Parque
Fai click para descargar o Mapa das Illas Cíes