Esta vontade colaborativa se materializará próximamente no primeiro evento dun dos Programas de Voluntariado desenvolvidos, denominado
Sonoridades no Tempo.
Entre os obxectivos deste programa están:
- Dar a coñecer os contextos e valores básicos da nosa tradición musical e patrimonio cultural.
- Aprender a desenvolverse cos demais e participar en actividades en grupo con actitudes solidarias e tolerantes.
- Gozar da audición de obras musicais de diferentes estilos e procedencias como forma de comunicación e como educación cultural e como pracer persoal.
- Analizar obras musicais como exemplos da creación artística, do contexto histórico e do patrimonio cultural, recoñecendo as intencións e funcións que teñen co fin de aprecialas e relacionalas cos gustos e valoracións propios.
- Acercarse de forma intuitiva aos xéneros e elementos básicos da forma musical, estimulando a escoita activa.
- Participar en actividades musicais fora dos contextos máis formais (conservatorios, salas de concertos).
- Participar nas actividades musicais con actitude aberta, amosando interese e respecto.
- Sensibilizar cara ao comportamento grupal e as normas para asistir a un concerto
1º Evento
Data: 29 de maio de 2013
Hora:16:30-18:30
Lugar: Aula de música. 3º pranta do Edificio de Ferro
Se trata dunha sesión didáctica con música en vivo, proxeccións de imaxes e comentarios. Se escoitarán catro ámbitos musicais diferentes e con compositores de distintas nacionalidades, coa presentación dunha serie de proxeccións que facilitan a comprensión das pezas e da súa conexión có pasado. Está dirixido ao ciclo de maiores, pero a actividade é aberta. Estará coordinada por Celia Adrián Rodríguez e Laura Rodicio Pereira.
REPERTORIO
ü“Cantiga” (2006, obra para acordeón e electroacústica) de A. E. Côpes
ü“Romance” (2001, obra para acordeón) de F. Angelis
ü“Gnosienne nº 1” (1890, transcripción para acordeón) de E. Satie
ü“Melodia” (1979, obra para acordeón) de T. Hosokawa
ü
Aurélio Edler-Côpes, compositor brasileiro
(coa súa formación no territorio español), Frank Angelis e Erik Satie compositores franceses
e Toshio Hosokawa, compositor xaponés
No hay comentarios:
Publicar un comentario