En relación coa visita programada pola Facultade de Historia ás Illas Cíes, remitimos as seguintes puntualizacións:
Saída de Ourense: xoves 16 de maio ás 8:30, no Edificio de Ferro – Facultade de Historia. Prégase puntualidade porque a esa hora ten que estar o grupo organizado e dentro do autobús.
Saída da estación marítima de Vigo ás 10:15 horas. As persoas que non realicen a viaxe en autobús deberán estar na estación 30 minutos antes.
Retorno das Illas Cies: 17:00 horas.
Chegada aproximada a Ourense: 19:30 horas.
Recoméndase vir con roupa e calzado axeitado para camiñar e adaptado a climatoloxía do día. As previsións indican que poderá chover a partires das 15:00 horas. Asemade recoméndase traer unha mochila con bocadillo, froita, auga, froitos secos e algo de chocolate. Teredes tamén que viaxar con unha bolsa para o lixo onde depositar os residuos que se poidan xerar. E por suposto cámara de fotos!! .
Para calquera consulta non dubidedes en poñervos en contacto connosco no Telef. 988 387 200 (horario de 8:30 a 14:30) ou en sdefho@uvigo.es
Vémonos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario